Praza Santuario, 20 15140 Arteixo (La Coruña)
Adoración
ador

Cunha cadencia mensual (primeiros venres en Meicende e días de especial relevancia mariana en Pastoriza), a parroquia ten o seu tempo de oración ante o Santísimo Sacramento. Cada xoves, dun xeito máis sinxelo, lembramos a Última Cea e rézase polas vocacións sacerdotais, a paz do mundo, os enfermos, ademais das intencións que leva cada quen. Pero unha vez ao mes, cando menos, a alma expláiase un chisco máis, meditando, con silencio, con algún canto de adoración … coa oportunidade de recibir tamén o sacramento da reconciliación… A alma atópase transportada a ese lugar onde o Señor fala, acolle e reanima.