Praza Santuario, 20 15140 Arteixo (La Coruña)
O arcebispo de Santiago, mons. Julián Barrio, recibe a Medalla de Ouro de Galicia 2022
Screenshot_158-1068x553

Este domingo 24 de xullo mons. Julián Barrio Barrio recibiu a Medalla de Galicia 2022, na súa categoría de ouro, o máximo recoñecemento outorgado pola Xunta e que este ano premia a vinculación e exaltación do Camiño de Santiago.

O arcebispo de Santiago de Compostela recibe esta distinción pola súa contribución á promoción do Camiño e á colaboración na restauración da Catedral.

Ademais, a Xunta tamén recoñeceu este ano o labor do profesor da Universidade de Perugia Paolo Caucci von Saucken; á peregrina e hospitalera do albergue municipal de peregrinos de Fisterra, Begoña Valdomar Insua; á Asociación Discamino; e a título póstumo ao doutor e antropólogo compostelán José Carro Otero.